martes, 9 de diciembre de 2014

CONCERTO DE NADAL 2014

Xa está aquí o Nadal e convidámosvos a celebralo connosco con moita música.

O próximo xoves 18 de Decembro ás 20:00 horas do serán, no Auditorio da Casa da Cultura de Ribadavia celebraremos o concerto anual de Nadal, onde participarán alumnos da Escola e do Conservatorio, interpretando obras de varios estilos e con diferentes formacións, a solo, conxunto, coro, música e movemento e orquetra.
TODO O MUNDO É BENVIDO!





AUDICION DE CORDAS NADAL 2014


O pasado 1 de Decembro celebrouse na sala 26 da Casa da Cultura a Audición de cordas.
Noraboa a tódolos alumnos pola sua colaboración e polas interpretacións que fixeron de alto nivel!!!
Gracias tamén a tódolos presentes.



Aquí vai algunha foto de recordo



























viernes, 5 de diciembre de 2014

AUDICIÓN DE PIANO NADAL 2014

Como cada ano, os alumnos de piano do Conservatorio e da Escola Municipal de Música, participaron na primeira Audición do curso 2014/2015 que tivo lugar na sala 26 da Casa da Cultura. 
Este curso a familia das teclas aumentou, e a asistencia de público ó concerto foi considerable.....case non cabíamos! Algúns dos alumnos tiveron a oportunidade de tocar por primeira vez en público, xunto con outros xa expertos na materia.....ainda que os nervios son para todos iguais...Aquí vai algún recordo do concerto.



MUITOS PARABÉNS A TODOS!