lunes, 22 de junio de 2015

MATRÍCULA ABERTA CURSO 2015/2016

     Dende o día 15 ata o 30 de Xuño, estará aberto o prazo de matrícula para o vindeiro curso 2015-2016. Todos aqueles que querian inscribirse no Conservatorio Profesional ou na Escola Municipal de Música de Ribadavia poderán facelo entre esas datas na oficina do centro, situada no segundo piso da Casa da Cultura de Ribadavia (r/Redondela s/n) en horario de mañá entre as 10:00 e as 13:00 horas. 
    Para máis información poden chamar, no mesmo horario, ó seguinte número de teléfono: 988471900 ou descargarse aquí o formulario da preinscripción, que poden entregar na Casa da Cultura, en horario de mañá, ou reenvialo á seguinte dirección de correo electrónico: cmus.profesional.ribadavia@edu.xunta.es





martes, 2 de junio de 2015

AUDICIÓN DE PIANO. FIN DE CURSO 2015

Onte, 1 de Xuño, comezou a recta final do curso, e como en tódalas avaliacións festexámolo cunha audición de piano. Moito ánimo a todos que falta moi pouco para rematar o curso!
Parabéns a todos































lunes, 1 de junio de 2015

CONCERTO CONXUNTO INSTRUMENTAL E CORO 2015

Como cada ano, os alumnos de conxunto instrumental do grado profesional deléitannos coas fermosas pezas que prepararon cos seus compañeiros. E como peche final do concerto, o Coro do centro formado por alumnos de grao elemental e grao profesional, sorprendéronnos con unhas pezas moi orixinais. O concerto celebrouse no Centro Social da Madalena o pasado 28 de Maio ás 20:00h do serán.

Video do Concerto realizado por Santiago Míguez Amil