viernes, 21 de agosto de 2015

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS. MÚSICA e MOVEMENTO


Xa estamos preparando o novo comezo de curso. E presentámosvos novidades!
A partir do día 16 de Setembro iniciamos unas XORNADAS DE PORTAS ABERTAS na disciplina de MÚSICA E MOVEMENTO, para nenos de entre 4 e 6 anos. Poderán disfrutar de tres clases completamente gratuítas nas seguintes datas:

16, 23 e 30 de Setembro das 17:00 ás 18:00h

Os máis cativos poderán coñecer de perto a actividade de Música e Movemento, iniciándose nesta fermosa arte que é a música, dunha maneira divertida, xogando, cantando e bailando.
Non é necesaria preinscripción. Aparecede na Casa da Cultura de Ribadavia (r/Redondela s/n) e vinde a coñecernos. Para máis información 988471900

Animádevos, que se lles gusta, estará aberto un NOVO PRAZO DE MATRÍCULA que irá do 1 ata o 30 de Setembro.