lunes, 23 de noviembre de 2015

CONCERTO NA HONRA DE SANTA ICÍA 2015

O pasado xoves 19 celebramos cos alumnos de tódolos instrumentos do Conservatorio e da Escola Municipal de Música de Ribadavia un concerto na Honra de Santa Icía, patroa dos músicos. No ano 1594, Santa Icía foi nomeada patroa da Música polo Papa Gregorio XIII e, ó longo dos séculos, a sua figura permaneceu venerada pola humanidade con ese padroádego. O día da sua festa é o 22 de Novembro, data que corresponde co seu nacemento, e que posteriormente foi adoptada mundialmente como o día dos Músicos. Este padroádego otorgóuselle por ter demostrado unha atracción irresistible cara os acordes melodiosos dos instrumentos. O seu espíritu sensible e apaixonado por este Arte convertiu así o seu nome en símbolo da música.

O primer acto do curso 2015/2016, que promete muitos concertos, sorpresas, e sobre todo muita boa música!!
Aqui presentámosvos algunhas imaxes do concerto.